Hoxe é o Día do libro; de estar na escola estariamos a celebrar a Semana do libro... unha mágoa, pero propóñovos que cada un de nós recomende un libro, o libro que máis che gustou dos que liste, o libro que cres que todos deberiamos ler.
Comezo eu, e a miña recomendación van ser dous libros, un en galego e outro en castelán.
- O misterio dos fillos de Lúa, da autora Fina Casalderrey

- Palabras de Caramelo, do autor Gonzalo Moure (castelán)
Sinopse: Kori é un neno que só recoñoce as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que di o seu mellor amigo, un pequeno camelo o que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou.
E TI, QUE LIBRO RECOMENDARÍAS?📘📖
Escribe nos comentarios o título, o autor ou autora, e unha pequena sinopse para que coñezamos un pouco sobre que vai o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario