Ola a todos e todas!
Son Paula, a vosa mestra de reforzo. Agardo que aínda vos lembredes de min... Eu lémbrome moito de vós. Teño moitas ganas de vervos a todos e de estar xuntos outra vez.
Agardo que esteades moi ben e non dubido que estades sendo responsables, valentes e pacientes.
Eu estou moi ben, na miña casa coa miña avoa, a miña nai e a miña cadela, Meiga, a cal probablemente veredes por esta páxina.
Decidín crear este blog para poder estar en contacto convosco o tempo que dure esta situación e para que poidamos facer cousiñas se queredes. Todas as cousas que irei subindo neste blog serán propostas voluntarias.
E logo vós, como estades? Que tal levades o encerro?
Contádeme por comentarios!
No hay comentarios:
Publicar un comentario